Saturday 04 de May de 2024

O concello entrégalle ao persoal municipal, de concesionarias e de entidades locais máis de 32.000 máscaras de protección que lle foron doadas


O Grupo Caamaño doou 32.747 máscaras de protección (cirúrxicas, FFP2 e FFP3), 27.900 pares de luvas, 2.025 pantallas protectoras, 950 traxes de protección, 50 pares de lentes de protección, 26 pulverizadores desinfectantes e máis de 85 litros de desinfectante e hidroxel

O concello comeza a repartirlle ao persoal municipal, de
empresas que prestan servizos municipais e concesionarias material de protección que lle
doou a empresa Grupo Caamaño. O Grupo Caamaño doou 32.747 máscaras de protección
(cirúrxicas, FFP2 e FFP3), 27.900 pares de luvas, 2.025 pantallas protectoras, 950 traxes
de protección, 50 pares de lentes de protección, 26 pulverizadores desinfectantes e máis de
85 litros de desinfectante e hidroxel. Esta nova remesa de material que recibe o concello
está sendo distribuída do seguinte xeito:
Policía Local: 1.900 máscaras FFP2, 800 máscaras cirúrxicas, 10 traxes de protección, 18
pulverizadores desinfectantes e 3 unidades de hidroxel.
Mercados municipais: 4.300 máscaras cirúrxicas, 100 máscaras FFP2, 3.500 luvas, 200
pantallas protectoras e 3 pulverizadores desinfectantes.
Bombeiros: 510 máscaras FFP2, 15 máscaras FFP3, 50 máscaras cirúrxicas, 75 traxes de
protección, 100 luvas, 20 lentes de protección e 5 litros de desinfectante.
Medio Ambiente: 800 traxes de protección, 1.000 luvas, 30 lentes de protección, 1.100
máscaras cirúrxicas, 200 máscaras FFP2 e 1.000 pantallas protectoras.
Servizos Sociais: 5.950 máscaras cirúrxicas, 200 máscaras FFP2, 1.800 luvas, 700
pantallas protectoras e 65 traxes de protección.

Nota de Prensa

Persoal municipal: 20.200 luvas, 5.800 máscaras cirúrxicas, 20 máscaras FFP2 e 50
pantallas protectoras.
EMALCSA: 1.100 máscaras FFP2 e 100 luvas.
Asociación de Transportistas: 250 máscaras cirúrxicas.
AVAN: 20 máscaras cirúrxicas e 50 pantallas de protección.
Asociación de Empresarios de Agrela: 150 máscaras cirúrxicas e 25 pantallas
protectoras.
Xeriátrico de Eirís: 500 máscaras cirúrxicas (entregadas pola Policía Local).
Compañía de Tranvías: 6.500 máscaras cirúrxicas.
Tele Taxi: 2.500 máscaras
Radio Taxi: 1.600 máscaras
Concello: 100 máscaras cirúrxicas, 700 luvas e 5 pulverizadores desinfectantes.
Deportes: 50 máscaras FFP2, 300 luvas e 80 litros de desinfectante.
Cultura: 12 máscaras FFP2.
Infraestruturas: 20 máscaras FFP2.
Casa dos Peixes: 100 máscaras cirúrxicas.
Cemiterios: 150 máscaras cirúrxicas.